Publicidade
X Pechar
Os pequenos/as amantes do futsal poderán reservar a súa praza na escola do Pescados Rubén Burela FS para o curso 2019-20 a partir de mañá, martes 30, nas categorías de Chupete (2016), Biberón (2014-15), Prebenxamín (2012-13), Benxamín (2010-11), Alevín (2008-09), Infantil (2006-07) e Cadete (2004-05). Estableceranse dous períodos de matrícula con prioridade para aqueles nen@s que formaron parte da escola o curso pasado e teñen feita a preinscrición. Confirmación de praza: Do martes 30 de xullo ao luns 5 de agosto; só para o alumnado preinscrito. Novas inscricións, con prazas limitadas: Do martes 6 ao venres 30 de agosto, destinada a alumnado novo. A formalización da matrícula debe tramitarse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97, entreplanta). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org//burelafs@burelafs.org. Como novidade haberá a posibilidade de facer todo a través dunha APP da que se poderán informar con máis detalle a través de mail ou por vía telefónica (982581815). Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de tres fotos tamaño carné e tres fotocopias do DNI do neno/a. Pasaranse dúas cotas, en novembro e febreiro, coas seguintes tarifas: Chupete Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 35 euros (Total: 120 euros) Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 150 euros) Biberón Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 150 euros) Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 65 euros (Total: 180 euros) Prebenxamín-Benxamín Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 65 euros (Total: 180 euros) Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 80 euros (Total: 210 euros) Alevín-Infantil-Cadete Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 72,5 euros (Total: 195 euros) Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 105 euros (Total: 260 euros) Cada alumno/a deberá acudir directamente a Living Sport (rúa Trapero Pardo, 14, Foz), sponsor oficial do club, para escoller o seu pack deportivo: De Biberón a Cadete (165 €): Chándal, sudadeira, bermuda e camiseta de paseo, roupa de adestramento (dúas camisetas e dous pantalóns curtos) e chaquetón. Chupete (55 €): Nesta categoría o alumnado tan só deberá adquirir a roupa de adestramento. As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815. Horario de atención ao público De luns a venres: 9.00-14.00 horas
Ler máis
“Temos un equipo para competir por todo, o cadro é plenamente consciente diso. Vexo a todas as xogadoras moi comprometidas e dispostas a deixar a alma”, así se confesaba a capitá do Pescados Rubén Burela FS, Bea Mateos, tras impoñerse na primeira cita de pretempada, onte en Marín, fronte ao Fisgón e Ourense Envialia. A 14 mariñá tivo protagonismo goleador nos dous partidos, con 3-0 fronte ás anfitrioas xunto a Luci e Jane, e 1-1 coas ourensás, con posterior vitoria para as de Julio Delgado nos penaltis: “Non é habitual en min, pero tocoume ver portería. O importante é axudar ao equipo e así fixen, así que estou contenta. Foron os primeiros minutos da pretempada sobre a pista, pero vin o equipo bastante ben, aínda que falta coller ritmo e axustarnos coas fichaxes. Para ser os primeiros partidos, acabamos con boas sensacións” explicaba a salmantina. Diante da que será a súa sétima campaña no Pescados Rubén, Bea móstrase máis motivada ca nunca: “Calquera xogadora que vén a Burela sabe que vén loitar por títulos e que aquí ten que dar o máximo ata o final, despois o desenlace xa o veremos”, apuntaba a ala-peche, deixando atrás os vellos fantamas da lesión de xeonllo que lle impediu gozar sobre o parqué os primeiros meses da tempada pasada: “É un inicio totalmente diferente; estou moi feliz de recuperarme tan ben. Puiden empezar desde o primeiro día e pretempada coas miñas compañeiras e sentirme dentro do grupo”. Bea Mateos volverá compartir vestiario co gran bloque das Raíñas, reforzadas con doses de talento galego: “Parécenme grandes fichaxes; Ale paréceme moi lista e Lores moi profesional. Ademais tamén está traballando connosco en pretempada a brasileira Jane, unha xogadora cunha grande intensidade”, reflexionaba así a capitá sobre o novo conxunto, que arrincará o espectáculo liguero o próximo 14 de setembro en Vista Alegre, con ganas de todo: “Loitaremos por todo, aínda que creo que se nos quedou a espiña da liga a tempada pasada. Para min foi doloroso quedar empatadas a puntos co campión, así que oxalá poida resarcirme”, descubría así Bea o seu anhelo máis persoal.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS mediuse o sábado a Movistar Inter, en Toledo, no segundo desprazamento da pretempada laranxa. “Fomos o Burela que queremos ser. Non puidemos levar a vitoria, pero con esta liña de traballo podemos conseguir o obxectivo que nos propuxemos. O equipo traballou moi ben, sobre todo en defensa, aínda que nos faltou acerto na finalización, algo lóxico de pretempada coa carga física de traballo” explicaba Luisma, co axustado marcador de 0-1, con diana de Gadeia. O ala-pivote logroñés vivirá a súa terceira tempada na Mariña como unha das referencias de veteranía e solidez da filosofía do Mariskal: “Estou moi contento. Eu sempre dixen que se nun club estás a gusto e te valoran a categoría é algo secundario. No meu anterior equipo, Navarra, estiven nove anos e con Pescados Rubén así o sentín desde o primeiro momento, en Segunda División e agora en Primeira” apuntaba o 6 laranxa, disposto, coma sempre, a seguir entregando a mellor das súas versións e, sobre todo, o seu meticuloso traballo en 2019-20: “O obxectivo do equipo é claro; temos o nada doado reto da permanencia por diante. Cando acabe a primeira volta poderemos facer valoracións de como está o equipo e a que podemos aspirar” explicaba p Luisma, afanado en “axudar o equipo en todo que poida, coma sempre. Sabemos que este ano temos un cadro máis amplo e que o rol de todos vai cambiar un pouco, pero eu seguirei estando a disposición sempre; todos imos ser importantes dependendo das fases da tempada”. Os pupilos de Juanma Marrube mergúllanse na cuarta semana de preparación amoldándose: “Pois estamos con moito traballo físico e puíndo aspectos tácticos, sobre todo en fase de axustar as incorporacións ao noso traballo. Aos poucos vanse adaptando á nosa dinámica, sobre todo á táctica do equipo; somos un bloque forte que xa sabía como traballar con Juanma e eles entraron ben. Michal ten o hándicap do idioma, pero está aprendendo e ten moita ilusión. Álex e Everton xa os coñecemos mellor. E Jacobo tamén se está adaptando moi ben e pódenos axudar moito na posición de pivote” concluía así Luisma, falando das caras novas nas filas burelistas.
Ler máis
Última xornada
Partidos celebrados o 04/05/2019
Manzanares FS 4 4 Axa Ita Port Elche CF
Bisontes Castellón 0 5 ElPozo Ciudad de Murcia
Dimurol S. Tenerife 3 3 Jaén Paraíso Interior
Pescados Rubén-Burela FS 2 5 FC Barcelona B
Fútbol Emotion Zaragoza 2 2 Córdoba Patrimonio
Santiago Futsal 8 2 Soliss FS Talavera
Rivas Futsal 4 5 Noia Portus Apostoli
Real Betis Futsal 4 1 Gran Canaria FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS67
2Real Betis Futsal66
3Jaén Paraíso Interior62
4Manzanares FS56
5FC Barcelona B 54
6ElPozo Ciudad de Murcia 53
7Córdoba Patrimonio48
8Santiago Futsal45
9Rivas Futsal37
10Noia Portus Apostoli35
11Axa Ita Port Elche CF33
12Bisontes Castellón33
13Fútbol Emotion Zaragoza32
14Gran Canaria FS29
15Soliss FS Talavera29
16Dimurol S. Tenerife4
Goleador
Matamoros
GolesXogador
22Matamoros
16Renato
14Juanfran
11Pope
9Hélder
9R. Vargas
7Luisma
6Iago Míguez
6Pitero
5Lucho
4Joselito
4Porto
2Edu
Última xornada
Partidos celebrados o 01/06/2019
AD Sala Zaragoza 2 2 Guadalcacín
UCAM Murcia 2 6 Pescamar Poio FS
Viaxes Amarelle F.S. 0 5 Jimbee Roldán FSF
AD Alcorcón FSF 0 2 CD Futsi Atlético Féminas
Ourense Envialia 2 1 Majadahonda FSF/Afar 4
Leganés Masdeporte 2 1 Móstoles FSF
Universidad de Alicante 5 0 Penya Espluges Gironella FS
Femisport *Sancionado con -3 puntos 1 6 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1CD Futsi Atlético Féminas84
2Pescados Rubén-Burela FS84
3Ourense Envialia57
4Jimbee Roldán FSF56
5AD Alcorcón FSF55
6Universidad de Alicante53
7Pescamar Poio FS53
8Penya Espluges Gironella FS47
9UCAM Murcia44
10Móstoles FSF39
11Majadahonda FSF/Afar 431
12Leganés Masdeporte27
13AD Sala Zaragoza24
14Guadalcacín22
15Viaxes Amarelle F.S.19
16Femisport *Sancionado con -3 puntos1
Goleadora
Peque
GolesXogadora
23Peque
20Dany
14Cami
13Luci
12Cristina
11Cilene
8Jenny
8Lara
6Alves
6Bea Mateos
1Jozi
1Popó
Patrocinadores