Publicidade
X Pechar
Aliouse esta tarde o Pescados Rubén Burela FS á intesidade e velocidade de balón para seguir o seu periplo sen erro e sumar tres novos puntos fronte ao Leganés Masdeporte (3-1), na quinta xornada de Primeira RFEF. Vista Alegre presenciou unha gran cita na que as mariñás crearon moito perigo ofensivamente, aínda que faltando un puntiño na finalización, e ofreceron unha gran reacción nas perdas de balón para frear ás madrileñas, que apenas dispuxeron de ocasións. Viviu Vista Alegre un gran monólogo das Guerreiras. No minuto 13, Jane, de rexeite, conseguiu por fin abrir o luminoso. Elisa salvara con solvencia a rede madrileña ata o momento ante as embestidas burelistas, con Jenny e Lara Balseiro entre as destacadas. Medrou en perigo entón aínda máis o Pescados Rubén, cunha porteira moi acertada. Cilene e Jane intentárono nos seguintes compases, Bea Mateos non puido finalizar con éxito ao segundo pau o pase da 6 brasileira. A propia Cilene e Ale de Paz foron dúas das que puxeron máis en apuros, sen a recompensa merecida. Renovouse o xogo con cambio de gardametas, con Ana Romero e Sandra. Jane tivo o segundo no 24 estrelándose contra a porteira, tras unha tímida contra protagonizada por Patri. Por fin se ampliou a vantaxe para dar tranquilidade no luminoso; tan só un minuto fíxolle falta á internacional Peque para selar dobre diana, primeiro nun lanzamento que superou lentamente a liña de meta nunha tentativa infrutuosa por evitalo e pouco despois nunha deixada atrás. Faltaban cinco minutos e o Leganés atopou o gol, a través de Werner, tocando en última instancia en Dany. Optaron entón as de Iván Labrado polo xogo de cinco con Saki. Mantivo a renda o Pescados Rubén Burela ben e aínda dispuxo dun par de ocasións a porta baleira. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Peque, Jane, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Bea Mateos, Luci, Jenny Lores, Ale de Paz, Lara Balseiro, Ana Romero Leganés Masdeporte FSF: Elisa, Patri, Lucía, Rocío, Elena, cinco inicial; tamén xogaron Chuli, Saki, Werner, Andrea, Sandra Goles: 1-0, minuto 13, Jane; 2-0, minuto 26, Peque; 3-0, minuto 27, Peque; 3-1, minuto 35, Werner Árbitros: Carreira Romero // Coello Martínez. Incidencias: Partido correspondente á xornada 5 de Primeira RFEF disputado en Vista Alegre cuns 600 espectadores/as. Pescados Rubén Burela e Leganés Masdeporte Deron a Cara contra o Cancro cun fair play en Rosa, pola proximidade do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama -19 de outubro-.
Ler máis
Vista Alegre viviu unha cita moi igualada esta tarde na xornada 5 cun Pescados Rubén Burela FS ao que o lastrou en exceso o xogo de áreas, fronte a un Viña Albali Valdepeñas (1-4) que soubo aproveitar as súas ocasións á perfección. Juanan adiantou os visitantes nos compases iniciais, nun lanzamento afastado que non puido frear o porteiro naronés. Non entraran ben os de Juanma Marrube, pero souberon repoñerse con serenidade e orde. Renato, coa portería como obstáculo, e Joselito, por partida dobre, merodearon a rede do Valdepeñas sen éxito, pero foi Luisma o que selou a igualada, no minuto 11, tras un gran control de Pope. Pouco despois, o pau evitou a iniciativa local no luminoso, cun mísil de Álex Diz nos primeiros pasos sobre o parqué do lugués. Volveu o xogo ao parqué da Bomboneira coas mesmas armas burelistas. Edu freou o perigo azulón nun man a man con Cainan, no 25, pero nado puido facer nada ante Buitre, no 27, que recibiu de costas desde saque de banda e recuperou a vantaxe nun disparo raso. Tan só un minuto despois, Rafael sorprendeu cun lanzamento desde os 12 metros. Fixeron moito dano estas dúas dianas e certa nebulosa se apoderou das ideas laranxas. Rozando o ecuador deste período, R. Vargas puido reducir ao segundo pau. Non desaproveitou, con todo, o Valdepeñas gañando a partida a un contraataque burelista, que sentenciou o ex dos mariñáns Chino. Remando con 1-4 en contra e case oito minutos por diante, Everton enfundouse na camiseta de porteiro xogador, alternando con Álex Diz. A falta de 4 para a bucina, a tentativa de Chino a porta baleira foise por pouco; seguiron na súa aposta de cinco os de Juanma Marrube aínda que non atoparon o perigo necesario fronte a un rival que soubo sufrir en defensa. Sumámonos ao Rosa, Contigo Damos a Cara Logo da xornada de hoxe, Vista Alegre e a Familia Laranxa volverán sumarse ao Rosa para Dar a Cara contra o Cancro, mañá na xornada 5 de Primeira RFEF, coa visita do Leganés Masdeporte (18.30 horas). Coa proximidade do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama -o 19 de outubro-, a Bomboneira e a Asociación Española contra o Cancro están dando a coñecer o labor do servizo da Mariña do colectivo, con Estefanía Corcoba e Mayra Paleo. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, R. Vargas, Renato, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Everton, Joselito, Juanfran, Matamoros, Álex Diz Viña Albali Valdepeñas FS: Edu, Juanan, Dani Santos, Chino, Nano, cinco inicial; tamén xogaron José Ruiz, Rafael Rato, Buitre, Cainan, Terry, Juan Cózar Goles: 0-1, minuto 2, Juanan; 1-1, minuto 11, Luisma; 1-2, minuto 27, Buitre; 1-3, minuto 28, Rafael Rato; 1-4, minuto 33, Chino Árbitros: Mayo López // Panadero Díaz-Concha. Por Burela amarela para Juanfran (minuto 9), Pope (minuto 40). Por Valdepeñas, amarela a Buitre (minuto 27) Incidencias: Partido correspondente á xornada 5 de Primeira LNFS disputado en Vista Alegre uns 900 espectadores/as. O conxunto laranxa volveu saltar á pista co lema Forza Iago!!! nas súas camisetas, en apoio ao 5 burelista.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 6ª xornada
ElPozo Murcia
3 victorias | 1 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 10
Pescados Rubén-Burela FS
0 victorias | 1 empates | 4 derrotas
Puntos acumulados: 1
Cancha de xogo:
Palacio dos Deportes de Murcia
Data:
19 de outubro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 12/10/2019
Pescados Rubén-Burela FS 1 4 Viña Albali Valdepeñas
CA Osasuna Magna 4 1 Levante UD FS
Palma Futsal 2 1 Servigroup Peñíscola
Aspil Jumpers Ribera 3 6 FC Barcelona
Industrias Santa Coloma 2 5 Movistar Inter
Córdoba Patrimonio 3 5 ElPozo Murcia
Jaén Paraíso Interior 2 0 Fútbol Emotion Zaragoza
Jimbee Cartagena FS 2 2 O Parrulo Ferrol
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1FC Barcelona 15
2Movistar Inter15
3CA Osasuna Magna12
4ElPozo Murcia10
5Viña Albali Valdepeñas8
6Jaén Paraíso Interior7
7Levante UD FS7
8O Parrulo Ferrol7
9Palma Futsal7
10Córdoba Patrimonio6
11Servigroup Peñíscola5
12Fútbol Emotion Zaragoza4
13Industrias Santa Coloma4
14Jimbee Cartagena FS2
15Aspil Jumpers Ribera2
16Pescados Rubén-Burela FS1
Goleador
Luisma
GolesXogador
2Luisma
2Matamoros
1Lucho
1Pope
1Renato
Próximo partido
Partido pertencente á 6ª xornada
Xaloc Alacant A
0 victorias | 0 empates | 5 derrotas
Puntos acumulados: 0
Pescados Rubén-Burela FS
5 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 15
Cancha de xogo:
Municipal Pitiu Rochel
Data:
19 de outubro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 12/10/2019
Pescados Rubén-Burela FS 3 1 Leganés Masdeporte
UCAM ElPozo Murcia 5 0 Bilbo FS
Universidad de Alicante 1 4 Pescamar Poio FS
Ourense Envialia 3 2 Roldán FSF
Penya Espluges Gironella FS 2 0 Majadahonda FSF/Afar 4
AD Alcorcón FSF 4 1 Cidade das Burgas
CD Futsi Atlético Navalcarnero 5 2 Móstoles FSF
AD Sala Zaragoza 4 0 Xaloc Alacant A
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero15
2Pescados Rubén-Burela FS15
3Ourense Envialia15
4AD Alcorcón FSF12
5AD Sala Zaragoza11
6Pescamar Poio FS7
7Leganés Masdeporte7
8UCAM ElPozo Murcia6
9Roldán FSF6
10Penya Espluges Gironella FS4
11Móstoles FSF4
12Universidad de Alicante3
13Cidade das Burgas3
14 Bilbo FS3
15Majadahonda FSF/Afar 40
16Xaloc Alacant A0
Goleadora
Peque
GolesXogadora
5Peque
4Ale de Paz
2Dany
2Jane
2Jenny
2Jenny Lores
2Lara
1Bea Mateos
1Cilene
Patrocinadores