Publicidade
X Pechar
Vista Alegre será o escenario este sábado dun duelo de contrastes en Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo, na xornada 4. O Pescados Rubén Burela FS, líder con 9 puntos e empatado con Penya Esplugues, recibirá o Guadalcacín FSF (18.30 horas), pechando a clasificación e sen puntuar ata o momento. As andaluzas recalarán na Mariña cun arranque costa arriba, tras as derrotas ante Móstoles (9-2), Leganés (1-7) e Roldán (2-5). “É un rival que aínda non puntuou pero creo que vai ser un partido complicado. Xa demostraron o ano pasado nesta categoría que é un equipo moi competitivo e creo virán a Vista Alegre dispostas a poñernos as cousas difíciles”, advertía a coruñesa Luci, incidindo na concentración do seu equipo. “A nosa dinámica foi a mesma esta semana, traballando a táctica do partido”. O Pescados Rubén buscará nesta nova cita seguir firme no camiño. “Logo das vitorias fronte a dous ascendidos, que teñen que coller aínda o ritmo de competición, o triunfo ante un equipo consolidado como é Móstoles e na súa casa refórzanos no noso traballo. Comezar ben a liga, con 9 puntos, dános moita confianza. Malia as lesións, con Bea e agora Peque e Cami, estamos facendo un traballo serio e iso estanse notando nos partidos e na clasificación” aplaudía así a 19 burelista a evolución da escuadra mariñá, confiando en dar o mellor para que este sábado os tres puntos queden na casa. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 4. Cris, 5. Cristina, 6. Cilene, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Alves, 12. Ana Romero, 18. Claudia, 19. Luci Chamamento de Seleccións Luci e Cristina serán as dúas representantes do Pescados Rubén Burela FS na concentración da próxima semana da Selección Española en Murcia: “Tiven a oportunidade de gozar de todas as convocatorias a tempada pasada; púxenme moi contenta ao recibir a noticia, unha vez máis. Estou moi ilusionada e máis habendo unha final dun Europeo preto. A Cris coñecina na selección e agora seremos as dúas as que representemos o Burela alí, xa que Peque finalmente non pode ao estar lesionada” explicaba con nervios Luci. O equipo de Julio Delgado e Lucas tampouco contará para os adestramentos da próxima semana con Jenny, convocada por Portugal para os amigables con Eslovenia en Madeira. As tres burelistas incorporaranse á expedición laranxa o xoves para preparar en complicado desprazamento de Roldán.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 7ª xornada
Santiago Futsal
2 victorias | 0 empates | 4 derrotas
Puntos acumulados: 6
Pescados Rubén-Burela FS
3 victorias | 2 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 11
Cancha de xogo:
Multiusos Fontes Do Sar
Data:
27 de outubro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 20/10/2018
Axa Ita Port Elche CF 5 2 Santiago Futsal
Dimurol S. Tenerife 0 0 Manzanares FS
Gran Canaria FS 0 0 Itea Córdoba
Software DELSOL Mengíbar 0 0 Soliss FS Talavera
Bisontes Castellón 0 0 Rivas Futsal
ElPozo Ciudad de Murcia 0 0 Colo Colo Zaragoza
FC Barcelona B 0 0 Noia Portus Apostoli
Real Betis Futsal 0 0 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Real Betis Futsal13
2Soliss FS Talavera12
3Pescados Rubén-Burela FS11
4ElPozo Ciudad de Murcia 10
5Axa Ita Port Elche CF9
6Software DELSOL Mengíbar8
7Manzanares FS8
8Itea Córdoba8
9Bisontes Castellón6
10Rivas Futsal6
11Santiago Futsal6
12Colo Colo Zaragoza6
13FC Barcelona B 5
14Noia Portus Apostoli4
15Gran Canaria FS4
16Dimurol S. Tenerife0
Goleador
Juanfran
GolesXogador
3Juanfran
3Renato
2Lucho
2Matamoros
2Pope
1Pitero
1Porto
Próximo partido
Partido pertencente á 4ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
3 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 9
Guadalcacín
0 victorias | 0 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 0
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
20 de outubro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 13/10/2018
Viaxes Amarelle F.S. 0 0 Pescamar Poio FS
Guadalcacín 2 5 Jimbee Roldán FSF
Universidad de Alicante 1 2 CD Futsi Atlético Féminas
Femisport Palau Club 0 2 Majadahonda FSF/Afar 4
UCAM Murcia 3 6 AD Alcorcón FSF
Leganés Masdeporte 0 0 Ourense Envialia
AD Sala Zaragoza 1 6 Penya Espluges Gironella FS
Móstoles FSF 2 4 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS9
2Penya Espluges Gironella FS9
3Jimbee Roldán FSF7
4CD Futsi Atlético Féminas7
5AD Alcorcón FSF6
6Ourense Envialia5
7Móstoles FSF4
8Leganés Masdeporte4
9Universidad de Alicante3
10Pescamar Poio FS3
11UCAM Murcia3
12Majadahonda FSF/Afar 43
13Femisport Palau Club0
14Viaxes Amarelle F.S.0
15AD Sala Zaragoza0
16Guadalcacín0
Goleadora
Cilene
GolesXogadora
2Cilene
2Cristina
2Dany
2Jenny
2Luci
1Alves
1Lara
Patrocinadores