Historia do club
O CLUB DEPORTIVO BURELA FÚTBOL SALA ten a honra e privilexio de ser a única entidade de España con equipos masculino e feminino en Primeira División dende 2012/13.

O club naceu o 4 de setembro de 2001 para iniciar a súa andaina na categoría Primeira Nacional B de Fútbol Sala (2001/02). Nesa primeira tempada de proxectos e ilusións quedou no segundo posto, por detrás do Cesuras, e logrou o ascenso á Primeira División Nacional A.

A tempada 2002/03 foi a do ascenso a Prata. Logo de rematar a fase regular en segunda posición, o Burela Pescados Rubén disputou a eliminatoria de ascenso contra o Pino Montano sevillano e asinou a vitoria tras un dramático play-off.

No debut en Prata (2003/04), o conxunto mariñán alcanzou unha meritoria sexta praza, empatado a puntos co quinto clasificado.

O Burela FS está a experimentar un continuo e extraordinario crecemento en canto a masa social e expectativas deportivas, desde a mesma data da súa creación. A evolución do seu número de socios/as foi a seguinte:

  • 2001 - 2002: 163 socios/as
  • 2002 - 2003: 242 socios/as
  • 2003 - 2004: 367 socios/as
  • 2004 - 2005: 438 socios/as
  • 2005 - 2006: 524 socios/as
  • 2006 - 2007: 653 socios/as
  • 2007 - 2008: 742 socios/as
  • 2008 - 2009: 786 socios/as
  • 2009 - 2010: 798 socios/as
  • 2010 - 2011: 808 socios/as
  • 2011 - 2012: 814 socios/as
  • 2012 - 2013: 913 socios/as
Dende a súa estrea na categoría, o CD Burela FS disputou sete play-offs polo ascenso á Primeira División, anteriormente chamada División de Honra, en 2004/05, 2005/06, 2007/08, 2008/09, 2009/10, 2010/11 e 2011/12. E o que é máis importante, conta hoxe cunha estrutura deportiva ben integrada que aspira, unha tempada si e outra tamén, a consolidarse na elite do deporte nacional.

A entidade laranxa apostou polo Burela FS Pescados Rubén para a súa estrea na División de Prata Feminina creada en 2008/09. O soño de ascenso a Honra cumpriuse nese primeiro ano de vida por todo o alto, coa clasificación para os cuartos da Copa de España e a sexta praza final na liga en 2009/10. Dende entón, o proxecto feminino compite entre os mellores equipos españois mellorando tempada tras tempada a súa clasificación e obxectivos.

Ademais a entidade tamén acolleu eventos deportivos de primeiro nivel, como a Copa Xunta 2006. A Consellería de Deportes da Xunta de Galicia escolleu Vista Alegre como sede da súa décimo sétima edición, con miles de afeccionados/as que asistiron aos encontros entre Autos Lobelle de Santiago, Azkar Lugo, Loureiro-A Coruña e Burela Pescados Rubén. O equipo mariñán conseguiu alcanzar as semifinais, fazaña que superou en 2008, chegando á gran final en Lugo. No entanto, a Copa Galicia xa se rendeu aos pés do Burela FS feminino, bicampión do trofeo autonómico (2009 e 2010). En 2010/11, o club laranxa ademais tivo o privilexio de exercer como anfitrión na celebración da XVII Copa de España de Fútbol Sala Feminino, en xuño; os méritos da competición regular concedéronlle a terceira posición e o billete para a copa, ata semifinais. A Selección Española Absoluta tamén estivo en Burela para gozar do ambiente especial de Vista Alegre disputando amigables en 2007 e 2008.

O club xoga os seus encontros como local no pavillón Vista Alegre (Burela), cunha capacidade para máis de 1.400 afeccionados, e move máis de 200 deportistas entorno ás diferentes categorías que o compoñen. Os equipos do Burela FS interveñen en ligas e competicións que se desenvolven en toda a comunidade autónoma e varias rexións do Estado, entre elas Cantabria, Castela e León, Madrid e Canarias. Así mesmo, o club organiza diversos actos de gran calado social e xestiona as escolas deportivas de fútbol sala do municipio.
O equipo directivo está integrado por persoas que engloban diferentes sectores de actividade (banca, seguros, mar, funcionariado, etc.) para intentar aglutinar neste proxecto ao maior número de xente posible.

A directiva está composta polas seguintes persoas:

  • Presidente: D. Manuel Blanco Fanego
  • Vicepresidente 1º: D. José Luis Sáez Castro
  • Secretario: D. Antonio Couto Diez
  • Tesoureiro: D. Rubén Blanco Fernández
  • Vogal: D. José Ramón González Casas
  • Vogal: D. José Ángel Dovale Gradaílle
  • Vogal: D. Auditor Rodríguez Lombardía
  • Vogal: D. Javier Cora Díaz
  • Vogal: D. Ángel Fernández Véquez
  • Vogal: D. Luis A. Guillén Menéndez
  • Vogal: D. Alberto Fernández Rouco
  • Vogal: D. Lino Quelle Casariego
  • Vogal: D. Carlos Neira Pena
  • Vogal: D. Marcelino Luna Almarza
  • Xerente: D. Fernando López Otero
Contacta connosco
¿Desexas contactar connosco ou recibir máis información?
Teléfonos: 670 32 18 57 Teléfono oficina: 982 58 18 15 Fax: 982 57 51 47 Dirección: Apartado de Correos nº 70
Burela (Lugo)
Preme aquí se desexas enviarnos algunha consulta ou comentario, ou ben directamente a burelafs@burelafs.org
Patrocinadores