Entrevistas
29 de setembro de 2009 La Voz de Galicia
Pardeiro: 'Temos que aprender dos erros e non baixar os brazos'

Dúas xornadas foron suficientes para comprobar que a División de Honra garda moi poucas semellanzas coa de Prata no que a calidade das participantes se refire. Un teórico modesto como o Gironella e un recentemente ascendido como o Campillos demostráronllo ao cadro laranxa, nada afeito a dixerir derrotas e soportar situacións coma a actual. O equipo de Javier Pardeiro é último na clasificación despois do inesperado e inmerecido revés do sábado en Vista Alegre, onde o CD Campillos, de Málaga, se impuxo por 3-5.

Pero polo momento, no Burela FS Feminino Pescados Rubén respírase “a preocupación xusta”. O seu técnico é consciente de que a elite “é outro mundo” que require un duro proceso de adaptación. Por iso insta ás súas xogadoras a “aprender e non baixar os brazos”. “Non creo nas derrotas positivas, pero é verdade que a do sábado nos obriga a ser optimistas e a pensar que a base de traballo atoparemos o bo camiño”, indicou Pardeiro.

O revés supuxo unha “decepción enorme” para o técnico local, tanto polo fondo como pola forma. “Era moi importante gañar xa que se trataba dun rival directo e porque agora nos toca visitar a cancha do Cajasur Córdoba, actual campión de liga e supercopa”, explicou Pardeiro, quen viu o seu equipo “moi superior” e á porteira rival “inconmensurable”. “Na primeira parte tiramos 28 veces á portería, 22 delas entre os tres paus; na segunda tiramos 24, e 15 ou 16 por dentro. É ilóxico que acabes perdendo con semellantes estatísticas”, lamentou.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores