Entrevistas
19 de xaneiro de 2010 La Voz de Galicia
Todas as miradas apuntan á Copa de España feminina

O Burela FSF Pescados Rubén tirou de oficio e calidade para sacar adiante un encontro que se presumía sinxelo e no que expoñía moitas das súas opcións de estar na próxima edición da Copa de España, en Ourense (8-11 de abril). A vitoria por 2-0 sobre o Soto del Real en Vista Alegre permítelle afrontar a próxima saída sen ningún risco, ademais de seguir dependendo de si mesmo para acabar nas posicións con dereito a estar no torneo.

“Era tremendamente importante gañar este partido. Tras os resultados que se deron, se perdésemos estariamos obrigados a vencer en Elxe”, apuntou Javier Pardeiro, o técnico dun conxunto burelao que a falta de dúas xornadas para o remate da primeira volta necesita un triunfo máis para certificar a súa clasificación para a cita de Ourense e non depender de terceiros.

A lóxica di que o partido ante o Valladolid en Vista Alegre, último da primeira volta, será decisivo. Pardeiro recoñece que “todo apunta a iso”, aínda que non descarta investir os prognósticos logrando algo ata agora imposible: gañar na pista do Elxe. “É evidente que sairemos como vítimas, ninguén foi capaz de gañar alí, pero estou seguro de que se facemos as cousas ben, como en Córdoba, teremos posibilidades”, afirmou o preparador burelista. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores