Entrevistas
19 de xaneiro de 2010 A Mariña-El Progreso
Suso Rey: 'Perder fóra da casa non é unha catástrofe'

A inesperada derrota na pista de La Muela FS, 3-2, non lle impediu ao Burela FS manterse entre os tres primeiros do Grupo Norte da División de Prata. As caídas do Lanzarote (1-3) fronte ao Illescas FS e do Gáldar (6-5) en Valverde minimizaron as consecuencias do 3-2 encaixado polo conxunto de Suso Rey en terras aragonesas. [...]

O adestrador do conxunto laranxa recoñece que a derrota é “unha decepción”, tanto a nivel anímico como clasificatorio, xa que non só afasta o equipo case definitivamente da loita polo título, senón que ademais comprime a disputa por entrar entre os catro primeiros, con algúns equipos que se achegan despois de estar case descartados. “Iamos con moita ilusión de dar un golpe importante na clasificación e agora todo se aperta moito máis, xa que algúns dos nosos rivais directos gañaron os seus partidos e aproxímanse á loita polos catro primeiros. A vitoria do Talavera tamén nos deixa con moi poucas opcións de loitar polo primeiro posto, aínda que nunca foi un obxectivo real senón máis ben unha ilusión”. [...]

“Estase demostrando que non hai partido doado, xa que os equipos de abaixo están apertando unha chea”, asegura Rey, que recoñece que a derrota minimiza a marxe de erro dos seus. “Perder fóra de casa non podemos consideralo unha catástrofe, aínda que si é certo que cada vez é máis importante puntuar en cada partido. Agora temos que gañar na casa ao Lanzarote, rival directo, se non queremos vernos en problemas graves”, dixo o preparador laranxa. [...]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores