Entrevistas
26 de xaneiro de 2010 La Voz de Galicia
Juanma: 'O partido ante Talavera determinará a loita burelista polo liderado'

O desenlace da última xornada na División de Prata espertou os ánimos do Burela FS, un tanto decaídos polos inesperados tropezos ante o Valverde e La Muela. Tras a vitoria ante o Lanzarote Tías Yaiza (5-2) en Vista Alegre e as derrotas de case todos os seus rivais directos, no cadro mariñán fálase ata da posibilidade de dar caza ao ata agora intratable líder, o Grupo de Empresas Talavera.

Ambicioso onde os haxa pero razoable como poucos, Juanma expuxo onte a opción de alcanzar o cume da clasificación, que supeditou á cita do sábado. “O partido ante o Talavera determinará se podemos loitar por ser líderes ou temos que pelexar por acabar entre os catro primeiros”, dixo o capitán laranxa, autor de dous tantos no enfrontamento do venres pasado, do que declarou o seguinte: “Fixemos un partido moi serio, conscientes de que tiñamos que gañar para recuperar a confianza perdida nos dous últimos partidos e abrir brecha cun rival directo. Cos resultados que se deron pódese dicir que foi unha xornada redonda para nós”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores