Entrevistas
26 de xaneiro de 2010 A Mariña-El Progreso// Foto: C.E.
Pardeiro: 'Pase o que pase o domingo, estarei orgulloso deste equipo'

O adestrador do Burela FSF Pescados Rubén, Javier Pardeiro, cualifica como “o partido con maiúsculas” o enfrontamento do vindeiro domingo entre o seu equipo e o Valladolid FSF (Vista Alegre, 12.30 horas). A posibilidade de disputar por primeira vez a Copa de España é un feito de tal magnitude que o técnico fai un chamamento ao público para que apoie as xogadoras nun día tan importante. “É un dos encontros máis importantes para o CD Burela FS en toda a súa historia porque xogar a copa sería algo espectacular que ningúen podía esperar ao inicio da liga”, dixo.

Pardeiro deixa claro que se sente “orgulloso” do seu equipo e que o seguirá estando parase o que pase o domingo. “Estaremos máis contentos ou máis tristes, en función do resultado, pero o orgullo quedará intacto”, resume.

FEMESALA. O preparador do conxunto laranxa tamén se referiu á derrota sufrida en Elxe ante un equipo que é “historia viva do fútbol sala nacional”. Segundo o técnico houbo dúas partes totalmente diferentes. “Podemos dicir que houbo dous partidos nun”, explica Pardeiro, que destacou o gran papel do seu equipo na segunda metade. “O primeiro tempo foi de dominio local, aínda que os goles chegaron no tramo final. Na segunda metade tivemos un nivel de xogo e de compromiso que me fai ser moi optimista. Fomos claramente superiores ao rival e con 2-1 dispuxemos de ocasións de sobra para darlle a volta ao marcador. Faltounos un punto de acerto na finalización porque penso que no cómputo global do encontro fixemos méritos para non caer derrotadas”, concluíu.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores