Entrevistas
9 de febreiro de 2010 A Mariña-El Progreso
Suso Rey: 'A afección resultou determinante na nosa reacción ante El Escorial'

[...] O técnico laranxa, Suso Rey, mostrouse tremendamente satisfeito co traballo do seu equipo ante o Camping-El Escorial (4-3) e felicitou aos seus xogadores por non renderse nunca, nin sequera con 1-3, co partido moi costa arriba.

“Creo que fixemos un dos mellores encontros da tempada na casa, pero faltounos fortuna en defensa e en ataque. Cometemos algúns erros graves que nos custaron ir sempre a remolque e non tivemos a porcentaxe de acerto no remate que mostramos en Talavera”, sinala Rey, que no entanto viu sempre opcións de gañar. “Teño que valorar a tremenda reacción do meu equipo, que levantou un 1-3 adverso querendo sempre o balón e superando a maxistral actuación do meta rival. Nunca desfalecemos e ao final tivemos o premio”, afirmou.

O preparador mariñán dedicou o triunfo a Purao, que foi expulsado e pode perder algún partido máis. “O peor foi a rifa que houbo, que acabou coa expulsión de Purao. É un xogador moi tranquilo, que raras veces perde os nervios e agora está moi afectado polo sucedido. Tanto eu coma os xogadores queremos dedicarlle este triunfo”, indica Rey, que insiste en que a valentía do Burela FS mereceu a sorte de marcar nos últimos compases. [...]

Unha das notas máis destacadas do encontro foi o tremendo ambiente que se viviu en Vista Alegre. Suso Rey agradeceu á afección o seu incondicional apoio, que se afanou co equipo, ao que levou polo aire nos últimos compases. “A afección estivo impresionante e resultou determinante na nosa reacción. O que máis me alegra é que respondemos ao seu agarimo e fomos capaces de brindarlle o triunfo. Creo que o público está cada vez máis entregado, aínda que en ningún momento deixou de axudarnos. Estamos moi orgullosos da nosa afección”, explicou o técnico burelista. [...]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores