Entrevistas
9 de febreiro de 2010 La Voz de Galicia
Claudia: 'Estar no cuarto posto a estas alturas era algo impensable'

El Burela FSF Pescados Rubén ascendeu ata a cuarta praza da División de Honra grazas á vitoria sobre o Queralt Gironella por un axustado 4-3, idéntico resultado que o alcanzado polo conxunto masculino diante de El Escorial, que o sitúa a un paso do liderado no Grupo Norte de Prata.

“Estar no cuarto posto a estas alturas da competición era impensable, podemos consideralo como un gran logro”, asegura Claudia, capitá do cadro feminino e decisiva o domingo en Vista Alegre ao asinar o tanto da vitoria local nos compases finais. A xogadora focega considera “case imposible” acabar a competición tan preto do podio e indica que, unido á clasificación para a Copa de España, “sería demasiado para o primeiro ano”. “O máis sensato sería pensar en acabar entre os dez primeiros”, di.

Con respecto ao encontro do domingo pasado en Vista Alegre, Claudia acusou de inmerecida a angustia sufrida e destacou o valor do triunfo e “o apoio da afección”. “Considero que a vitoria é de todo merecida porque tivemos a posesión do balón practicamente todo o partido e gozamos de moitas oportunidades de gol. Mágoa dese momento na segunda parte no que apareceu o nerviosismo e encaixamos dous tantos”, agregou.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores