Entrevistas
17 de febreiro de 2010 LNFS
Juanma: 'Mentalmente o equipo está moi forte'

O Club Deportivo Burela FS alcanzou, tras a súa vitoria deste luns fronte ao BP Andorra, o liderado do Grupo Norte, que ata agora estaba nas mans do Grupo Empresas Talavera. Juanma, un dos ‘fixos’ do cadro dirixido por Suso Rey, analizou o gran momento de forma que atravesa o seu equipo.

Juanma non quere ‘tirar as campás ao voo’: “Está claro que era moi importante para nós alcanzar o primeiro posto, pero tamén é certo que Talavera ten un partido menos ca nós porque eles xa tiveron a súa xornada de descanso”.

O cadro de Burela leva un 2010 de ‘cine’: “Antes de acabar o ano tivemos dúas derrotas e serviunos para corrixir erros. Logo tivemos vitorias fundamentais ante Lanzarote e Talavera que fixeron que mentalmente o equipo estea moi forte agora mesmo’.

Juanma non quere pensar aínda nun posible duelo ao final da tempada co Fisiomedia Manacor: “Queda moito para iso porque se perdes tres partidos seguidos quedas fóra dos catro primeiros, así que temos que ir partido a partido”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores