Entrevistas
23 de febreiro de 2010 A Mariña-El Progreso
Suso Rey: 'Creo que perdemos dous puntos'

O conxunto que adestra Suso Rey non puido conservar o primeiro posto ao empatar a tres tantos na súa visita a Cáceres. O triunfo do Talavera sobre o Gáldar, cun gol no último segundo, permite aos casteláns avantaxar en dous puntos ao Burela FS, cun partido menos disputado. A boa noticia é que o punto lles proporciona aos laranxas unha maior renda sobre o quinto clasificado, que agora está a once.

O técnico do cadro mariñán considera que o empate non fai xustiza aos méritos cultivados polo seu equipo, que dominou con claridade case todo o partido. “Creo que fixemos un bo partido, en xogo e intensidade. Puxemos o marcador de cara na primeira metade, pero logo houbo algunhas decisións arbitrais que nos prexudicaron”, asegurou o técnico, referíndose á sinalización dun penalti en contra, que supuxo o 1-2, e á expulsión de Javi Rodríguez, que permitiu aos locais colocar o 2-3. “O penalti foi máis que discutible e a Javi expulsárono por un agarrón idéntico ao que cometeu un rival que nin sequera foi amoestado. Foron decisións claves no desenlace do partido”, asegurou Rey.

O preparador do conxunto laranxa recoñece que a pesar de todo o seu equipo debeu saír airoso da contenda. “Amólanos este empate, aínda que non iamos nas mellores condicións. Tal e como transcorreu o partido pódese dicir que perdemos dous puntos”, sinala o técnico, que non se mostra especialmente preocupado pola perda do liderado. “Quedan oito xornadas e a pelexa está moi viva. Hai que sacar o balance positivo e ese é que nos despegamos outro punto máis do quinto clasificado”, dixo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores