Entrevistas
2 de marzo de 2010 A Mariña-El Progreso
Pardeiro: 'É unha honra estar entre os mellores'

A décimo terceira vitoria do Burela FSF Pescados Rubén, quinta lonxe da súa pista, elévao outra vez á cuarta praza da División de Honra, con 21 xornadas disputadas. As mariñás están só por detrás dos tres grandes, Cajasur Córdoba, que recuperou o liderado, Femesala Elche e Móstoles, que ocupan os tres primeiros postos. Para o téncico burelao, Javier Pardeiro, é “toda unha honra” chegar a estas alturas do campionato entre os mellores. “Agora mesmo somos o mellor equipo da liga descontando os tres conxuntos que loitan polo título. Non se pode pedir máis”, sinala o  preparador, que pide ás súas xogadoras que sigan mostrándose ambiciosas aínda que o obxectivo está cumprido. “Queremos seguir sumando na liga e chegar á Copa de España nun bo momento. En Ourense xogaremos ante o Elche e queremos ofrecer unha boa imaxe”, sinalou.

Pardeiro cre que o alto nivel do seu equipo volveu poñerse de manifesto na cancha do Kupsa Logroño, onde venceu por 2-4. “Só Diamante La Rioja venceu con claridade nesa pista, o que di moito do Burela FSF. Gañamos con autoridade despois de ter o control do partido dende o principio ata o final”, resume o adestrador laranxa, un tanto sorprendido pola estratexia local. “O Kupsa dedicouse a esperarnos na súa pista todo o partido ata que encaixou o 1-4 e viu todo perdido, que foi cando sacou porteira-xogadora, pero apenas xerou perigo”, explicou Pardeiro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores