Entrevistas
2 de marzo de 2010 La Voz de Galicia
Minu: 'Sería un desastre non acabar entre os catro primeiros'

O Burela FS só puido sumar un punto en Vista Alegre fronte ao Illescas (4-4), pero, contra todo prognóstico, os resultados dos rivais servíronlle para conservar o segundo posto da táboa e estirar a súa vantaxe co terceiro, Gijón-El Llano, así como para manter a distancia sobre case todos os equipos que miran cara á zona de play-off.

A falta de oito xornadas para a conclusión da liga regular, o Burela estaría vituralmente clasificado para a fase de ascenso gañando os tres partidos que lle restan na súa cancha, por iso é polo que Minu ve como “case feito” o primeiro obxectivo e propón metas máis ambiciosas. “Tal e como están as cousas sería un desastre non acabar entre os catro primeiros. A partir de agora a nosa máxima preocupación debería ser loitar polo liderado ou cando menos defender o segundo posto, xa que nun play-off o factor cancha é unha baza tremendamente importante”, indica o xogador burelista, autor dun dos tantos locais fronte ao Illescas.

Para o cordobés, a repartición de puntos non fixo xustiza en Vista Alegre. “Por xogo, dominio e ocasións mereciamos un resultado mellor”, aseverou. “Deberiamos matar o partido cando tivemos ocasión, na primeira metade. Ao descanso o marcador ben puido ser de 5-1 ou 6-1 ao noso favor, xa que gozamos de incontables ocasións e eles apenas fixeron catro cousas ben. Na segunda parte quizais nos entrou o medo tras o 3-2”, engadiu.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores