Entrevistas
9 de marzo de 2010 A Mariña-El Progreso
Suso Rey: 'Alégrame dedicar a vitoria á numerosa afección, que estivo inmensa'

O Burela FS deu todo un golpe de autoridade na cancha do Gijón-El Llano e deixou practicamente sentenciada a súa participación no play off de ascenso á División de Honra. [...]

O triunfo por 1-6 non só lle supón selar virtualmente a súa presenza na promoción, senón que o afianza na segunda praza e lle permite seguir soñando con desbancar o Talavera da primeira, a falta aínda de sete xornadas para o final da liga regular.

O técnico, Suso Rey, mostrouse máis que satisfeito co sucedido en Xixón, non só polo triunfo senón pola excelente imaxe do equipo, que brillou ante os máis de cen seguidores burelaos desprazados a Asturias. “O primeiro que quero facer é agradecer o apoio á numerosa afección, que estivo inmensa, e por iso alégrame aínda máis poder dedicarlle a vitoria”, sinala o técnico, que destaca a etapa positiva do equipo nos dous últimos meses, con sete encontros sen perder. “A vitoria ratifica a forma do Burela FS e ademais bórranos a decepción de non gañar os dous últimos partidos, nos que creo que merecemos máis que o empate”, engadiu.

Rey quixo felicitar os xogadores pola súa actitude e mentalidade e por levar a cabo todo o que adestraron durante a semana, algo que non sempre é fácil. “Hai que ter en conta que lle gañamos a un equipo que non perdía na súa pista desde a sétima xornada e fixémolo con absoluta claridade, só cabe felicitar os xogadores, que responderon con fartura á esixencia do partido e plasmaron o guión sobre a pista”, asegurou o preparador, que destacou a reacción do seu equipo tras un inicio inquietante do partido. [...]

“Sumamos tres puntos, liquidamos o golaverage ante un rival directo que nos gañou no Vista Alegre e deixamos o corte a trece puntos a falta de seis xornadas. Está claro que temos moito camiño percorrido” dixo Suso Rey.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores