Entrevistas
11 de marzo de 2010 DeporteCampeón
Lucía: 'O Burela FSF é o mellor equipo no que estiven'

A xogadora do Burela FSF Pescados Rubén, que veu procedente do Ponte Ourense e que goza no seu palmarés dunha Copa de España e dun sumbcampionato de liga co Navalcarnero, tamén logrou gañar unha Copa Xunta coas ourensás, ademais da de 2009 coa camiseta laranxa. Lucía pasou o ecuador da liga 2009-10 con 19 goles, a un do seu récord anotador.

 

Coñecías Burela? Que che parece?

- Non, a verdade é que non a coñecía moi ben. Burela é un sitio diferente, unha vila pequena na que todo o mundo te coñece.

 

Foi difícil a adaptación a Burela e ao equipo?

- Síntome moi cómoda neste equipo. Teño unha boa relación con todas as compañeiras, aínda que penso que as que deben valorar isto son elas.

 

Que esperabas desta nova andaina?

- Esperaba estar a sufrir moito máis na competición, pero o equipo está rendendo a un gran nivel.

 

Agardabas levar este reconto de goles no que vai de tempada e cantos tantos cres que podes chegar a conseguir?

- En absoluto. O ano pasado metín 20 goles en toda a tempada e este ano xa levo 19 e quero marcar moitos máis.

 

Que esperades da Copa de España?

- Xa foi todo un premio a clasificación. Estamos adestrando e preparándonos para estar ao máximo nivel físico. O noso obxectivo é pelexar para chegar o máis lonxe posible e o primeiro obstáculo é o Elche.

 

En que posición firmarías estar a final de tempada?

- Xa é todo un mérito para un equipo coma o noso estar tan arriba; nós desexariamos acabar a tempada entre o cuarto e o quinto posto.

 

E que puntuación lle darías ao equipo en liñas xerais?

- A este equipo a única nota que se lle pode dar é un dez, en todos os aspectos, tanto no terreo de xogo coma fóra del. Sen dúbida é o mellor equipo no que estiven en toda a miña carreira deportiva.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores