Entrevistas
30 de marzo de 2010 LNFS
Suso Rey: 'Imos loitar por alzarnos coa primeira posición'

O Burela FS atravesa por un momento doce. Tras o seu triunfo a domicilio ante o Avilés Oquendo, o conxunto mariñán ‘acariña’ a clasificación para o play off de ascenso, que aseguraría matematicamente no caso de obter os tres puntos ante o OYE RAM no partido correspondente á próxima xornada do Grupo Norte.

O técnico do cadro lucense, Suso Rey, móstrase, en declaracións a www.lnfs.es, “moi satisfeito” pola situación en que se atopa o seu equipo e o rendemento que está exhibindo o seu persoal. “O pase ao play off é o noso primeiro obxectivo e estamos moi satisfeitos de ter a oportunidade de alcanzalo a tres xornadas do termo da liga regular. O equipo está en liña ascendente tanto en xogo, como en concepto e sacrificio, e imos intentar quedar o máis arriba posible e meterlle presión ao líder, Grupo de Empresas Talavera”, argumenta.

 

[+ inf. en LNFS]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores