Entrevistas
30 de marzo de 2010 A Mariña-El Progreso
Pardeiro: 'Tivemos o encontro sempre baixo control'

Os tres puntos ante o Teldeportivo FSF Preconte (4-3) colocan o equipo de Javier Pardeiro na sétima praza, pero igualado co Atlético de Madrid Navalcarnero e Diamante Rioja, quinto e sexto, e a só dous puntos do UCAM Murcia, cuarto. Só o Valladolid, oitavo, parece capacitado para darlles alcance pola parte de abaixo ás mariñás, xa que o noveno, Gironella, está a dez puntos das burelás, ao producirse un corte notable na clasificación.

O adestrador da escuadra laranxa considera que o equipo experimentou unha notable mellora con respecto ao encontro fronte ao Pinto Cellosa Torrejón, aínda que as características do rival eran semellantes. “Sempre que se gañe temos que facer unha lectura positiva, pero ademais penso que tivemos fases boas no noso xogo, aínda que nos faltou certa continuidade”, sinalou o técnico, que non quixo empregar a palabra sufrimento para referirse á sensación que lle deixou o partido. “Tivemos o encontro sempre baixo control. Máis ben houbo incerteza porque estivemos moitos minutos con dous goles de diferenza e despois elas achegáronse no marcador e puxeron porteira-xogadora, pero non xeraron verdadeiro perigo”, explicou.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores