Entrevistas
7 de abril de 2010 La Voz de Galicia
Maravillas Sansano: 'O Burela é a revelación na Liga e pode selo na Copa'

“A Copa é outra historia”. Esta é a principal razón que impulsa a Maravillas Sansano, adestradora do Femesala Elche, a cinguirse á prudencia á hora de calibrar as opcións do seu equipo no torneo que se disputará en Ourense a partir do venres. “É habitual que algún dos favoritos caia nas primeiras roldas”, apunta.

As súas inquedanzas nacen xa na eliminatoria dos cuartos de final, onde o equipo ilicitano se medirá cun Burela FSF Pescados Rubén ao que Sansano ve capacitado para desviarse do guión, como xa fixo na primeira volta do campionato regular. “O Burela é o equipo revelación na Liga e tamén o pode ser na Copa. Gustoume moito no partido que disputou en Elche, é un equipo con calidade e ben traballado; no apartado individual destacaría á brasileira Raquel de Souza e a Claudia”, engadiu a estratega levantina, que disporá de toda a súa artillería para o venres. [...]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores