Entrevistas
4 de maio de 2010 La Voz de Galicia
Pardeiro: 'A liga estásenos facendo moi longa'

O técnico do Burela FSF Pescados Rubén, Javier Pardeiro, afirmou que o empate do seu equipo o sábado pasado ante o Natudelia.com Zaragoza pódese considerar xusto, tendo en conta que “foi un partido igualado, onde elas se defenderon atrás e saíron ao contragolpe”, indicou. Unha vez que as burelás xa non se xogan nada, Pardeiro aproveitou o partido para darlles minutos a xogadoras como Lara, que dispuxeron de poucas oportunidades durante o resto da campaña: “É unha moza moi nova, que traballa durante toda a semana e a verdade é que respondeu moi ben. Creo que vai ser unha boa xogadora e estamos moi contentos con ela; se segue traballando así vai ter máis ocasións para demostrar que pode xogar neste equipo”, sinalou.

O preparador tamén se referiu ao formato de competición, que considera que debe ser modificado cara ás próximas tempadas. “En liñas xerais a nós estásenos facendo moi longa, posto que ao ser un equipo acabado de ascender apostamos forte por facer o maior número de puntos posible ao principio de liga e despois fixemos outro grande esforzo para meternos na Copa e preparala. Agora quédannos sete xornadas nas que non nos xogamos nada, polo que penso que é necesario cambiar o formato, metendo a Copa cando finalice a liga ou introducindo os play offs”, concluíu.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores