Entrevistas
4 de maio de 2010 A Mariña-El Progreso
Suso Rey: 'Logramos o primeiro obxectivo e agora buscaremos o ascenso'

Pechouse a liga e comeza a hora da verdade para o Burela FS. O camiño de ascenso á División de Honra ábrese o sábado, en Eivissa, pero o técnico burelao cre que a traxectoria no campionato regular merece xa o recoñecemento aos xogadores. En Valverde púxose a guinda a unha gran segunda volta.

Que sensacións lle deixa o final da liga regular?

Boas, fomos capaces de manter unha liña ascendente ata o final. O equipo foi sempre a máis e en Valverde pechamos unha gran segunda volta.

Como viu o último partido?

Houbo un pouco de todo. Empezamos ben, pero cometemos dous erros moi importantes que nos custaron ir a remolque. Reaccionamos ben e soubemos remontar, chegando ao descanso con 2-4, pero temos que evitar este tipo de erros porque nos poden custar caros nun play off.

[...]

Está xa satisfeito coa súa primeira tempada á fronte do equipo?

Estou satisfeito co que fixemos ata agora, pero tamén ilusionado co que aínda nos queda. Logramos o primeiro obxectivo, que era disputar o play off, pero non nos conformamos e agora queremos dar todo o que poidamos na busca do ascenso.

A que atribúe o bo funcionamento dun equipo que parecía máis débil que o de tempadas precedentes?

Ao fenomenal grupo que se formou no vestiario. O único que podo facer é felicitar aos xogadores pola súa predisposición ao traballo e pola súa profesionalidade desde a pretempada.

Podería dar unha primeira impresión da eliminatoria ante o Eivissa?

Temos o factor cancha a favor, que xa é moito, aínda que empezar fóra é unha trampa. O rival é un equipo tremendamente experimentado, cunha gran capacidade goleadora, pero eu confío absolutamente no meu equipo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores