Entrevistas
4 de maio de 2010 LNFS
Juanma: 'Chegamos ao play off con ganas, sabendo que temos as nosas posibilidades'

O xogador do Club Deportivo Burela, Juan Manuel Marrube, máis coñecido como `Juanma´, falou para www.lnfs.es no momento máis importante da tempada, o comezo do play off.

O capitán do conxunto galego realizou unha valoración moi positiva do que foi a campaña ata o momento: “Realizamos un bo traballo, fómonos asentando na parte alta, algo que ao principio non era o esperado, e ao final loitamos ata case a última xornada polo primeiro posto”, sinalou.

Agora, chega o momento cumio da tempada, o play off, onde se pon en xogo o traballo do ano, a pesar diso Juanma móstrase tranquilo, pero con ambición: “Chegamos ao play off con moitas ganas, pero con tranquilidade e sen presión, sabemos que temos que ir pasiño a pasiño, sendo conscientes de que é difícil, pero tamén de que temos as nosas posibilidades”, declarou o xogador lucense.

 

[+ inf. en LNFS]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores