Entrevistas
6 de maio de 2010 A Mariña-El Progreso
Purao: 'Se somos capaces de desenvolver o noso xogo temos moito a favor'

Coa experiencia de Honra e Prata como bandeira, Purao chegou ao Burela FS no verán de 2008 e nas dúas tempadas que leva no equipo destacaou pola súa seriedade e a súa solvencia defensia. O seu enorme compromiso proporcionoulle o agarimo da afección do Vista Alegre, que xa o ten coma un dos seus.

O xogador cre que co partido do sábado “empeza a hora da verdade, o momento máis importante da tempada” e confía en inicialo con bo pé. “É imprescindible saír moi concentrado e concederlle máxima importancia. Gañando o primeiro partido teremos dúas oportunidades de sentenciar e achegarnos moito á segunda rolda”, sinalou.

O peche hispano-brasileiro é consciente das diferenzas que hai entre a liga e un partido como o do sábado, en Eivissa. “Na liga regular sempre hai marxe de erro, pero aquí é mínimo. O equipo que menos falle será o que alcance a División de Honra. Sabemos que cada partido é unha final e como tal o temos que afrontar”, sinala o xogador, que mostra “absoluto respecto” cara ao rival, pero confía nos seus. “Sabemos que se somos capaces de desenvolver o noso xogo habitual teremos moito a favor”, indicou.

Purao móstrase máis preocupado polas características da pista eivisenca que polo rival en si. “Sen servir como escusa, a nós prexudícanos bastante unha cancha tan lenta. Somos un equipo que trata de facer un fútbol sala rápido e dinámico e en Eivissa custaranos manter esta identidade”, sinala o futbolista, que considera o rival como un equipo “experto e compensado” e prognostica unha eliminatora complicada.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores