Entrevistas
7 de maio de 2010 www.ultimahora.es
Bartual: 'O Burela tivo moi bos equipos, pero este non é ningunha marabilla'

As dinámicas gañadoras, en ocasións, poden romper calquera tipo de prognóstico. Todos apuntan ao CD Burela como o gran favorito para superar a primeira fase do play off de ascenso á División de Honra fronte ao Space Gasifred. O principal valedor da outra teoría, a do efecto sorpresa do 'tapado', é o técnico Juan Carlos Bartual. O preparador valenciano non teme os dous partidos que xogará de forma consecutiva o Gasifred a próxima fin de semana en terras lucenses.

“O feito de xogar dous partidos na casa dálles o papel de favorito. É o seu quinto play off e o primeiro noso, pero se o sábado gañamos, teremos moitísimo adiantado”, asegura un optimista Juan Carlos Bartual, que asegura que o Burela “tivo moi bos equipos outros anos, pero este non é ningunha marabilla”.

O técnico do Gasifred ve os seus discípulos “moi mentalizados” e considera “moi difícil” que o cadro galego gañe en Blancadona. “Vimos vídeos e están todos moi animados, teño que aproveitar o tema anímico do persoal e creo nas nosas posibilidades”, advirte Bartual.


[+ inf. Última Hora]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores