Entrevistas
12 de maio de 2010 A Mariña-El Progreso
Juanma: 'Queremos sentenciar o sábado'

O capitán laranxa, Juanma, ve os seus compañeiros “ilusionados e tranquilos” tras o triunfo en Eivissa (4-5), pero tamén “concienciados porque aínda queda eliminatoria”. O xogador alfocego asume que a vitoria ante o Space Gasifred foi “un golpe de autoridade”, non só por gañar como visitante senón porque é unha eliminatoria a tres partidos “é fundamental empezar gañando”.

 “Agora temos marxe de erro, pero esperamos que non sexa necesario aproveitarnos desta circunstancia. Non queremos chegar ao terceiro encontro e só pensamos en deixar a eliminatoria sentenciada o sábado”, sinala o futbolista, que cre que a presión cambiou de bando. “Podemos dicir que estamos responsabilizados, pero con menos presión. Xa eliminamos a ansiedade que podía aparecer no caso de perder o primeiro encontro”, dixo o capitán burelista.

Unha das claves do encontro pode ser adiantarse no marcador, segundo sinala Juanma. “Se nós imos por diante, eles pódense ver eliminados e incorrer en precipitacións, pero se nós imos a remolque, tamén podemos poñernos nerviosos, o que sería prexudicial”, asegurou o xogador, que espera un encontro “moi intenso, sobre todo no inicio”, concluíu o alfocego.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores