Entrevistas
13 de maio de 2010 La Voz de Galicia
Dani Martín: 'Ante a nosa afección xogaremos con moita máis confianza'

Nel están depositadas moitas das esperanzas da bancada mariñá. Non en balde, é o pichichi do Burela FS con 28 goles e no primeiro encontro contribuíu con dous tantos na “importante e case decisiva” vitoria do seu equipo na cancha eivisenca. Dani Martín (Salamanca, 1988) espera non defraudar a súa xente.

- Francamente, cre que esta eliminatoria se lles pode ir das mans?

- É difícil, a verdade é que é difícil que se nos poida escapar logo de gañar alí. Era moi importante, case decisivo, vencer en Eivissa porque se daban moitos condicionantes para que non fose así: a viaxe, unha pista distinta, un rival cun estilo que non nos beneficia... Agora dependemos de nós mesmos e na casa, ante a nosa afección, xogaremos con moita máis confianza.

- Cal é a súa repartición de posibilidades para un e outro equipo?

- Non é cuestión de cuantificar as porcentaxes. O que está claro é que agora somos máis favoritos pola vitoria alí e porque en Vista Alegre somos un equipo forte, perdemos moi poucos puntos na nosa casa.

- Di o seu compañeiro Minu que o Eivissa domina coma poucos o ataque de cinco para catro. Está de acordo?

- Eles moveron moi ben o balón xogando de cinco, creáronnos bastantes problemas, pero todo é mellorable e seguro que atoparemos solucións para contrarrestar esa situación.

- Que outras calidades destacaría do Eivissa?

- Teñen xogadores como Vega, Mario e Carrión que son auténticos puñais nos contragolpes.

[...]

- Está insistindo o técnico nalgún aspecto concreto de face ao duelo do sábado?

-Desde o adestrador ata o último xogador do equipo estamos insistindo en ser nós mesmos. Ao principio de liga case ninguén daba un duro por nós e demostramos que con ilusión e esforzo pódese chegar lonxe.

[...]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores