Entrevistas
18 de maio de 2010 LNFS
Dani Martín: 'O que consiga gañar o primeiro partido terá un 70% de posibilidades de pasar á próxima fase'

O xogador do CD Burela FS Dani Martín falou para www.lnfs.es analizando a eliminatoria que superaron recentemente fronte a Space Gasifred Ciutat d'Eivissa e tendo en conta a que os espera a partir desta fin de semana contra Puertollano Restaurante Dacho.

A primeira rolda contra o conxunto eivisenco resolvérona pola vía rapida, 2-0. Para o xogador salamantino o factor determinante "foi a vitoria en Eivissa, despois sabiamos que tiñamos dúas oportunidades na casa que non podiamos desaproveitar", indicou.

Agora xa tan só lles quedan dous obstáculos para lograr o ascenso á máxima categoría do fútbol sala español e o primeiro deles é o Puertollano Restaurante Dacho: "Esta eliminatoria afrontámola igual que o resto, con moita ilusión, e como levamos facendo ao longo de toda a tempada, partido a partido", comentou o ala do equipo lucense.

O salmantino cre que a eliminatoria será igualada e que pode ser de vital importancia lograr a vitoria no primeiro encontro: "A clave para superar este enfrontamento vai ser a mesma que no anterior, o único que esta vez temos o factor cancha en contra, pero o que consiga gañar o primeiro partido eu creo que terá un 70% de posibilidades de pasar, xa que o que golpea primeiro fai máis dano", concluíu.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores