Entrevistas
28 de maio de 2010
Alba Vila: 'Un neno san será un adulto san'

A nutricionista mariñá Alba Vila pechou o mes de maio das II Xornadas Formativas Burela FS onte, no IES Monte Castelo, cun relatorio de exitosa acollida e participación que xirou en torno á alimentación saudable na infancia e adolescencia.

A especialista en dietética e nutrición fixo un repaso pola pirámide alimentaria e deu algunhas recomendacións dietéticas para ter unha alimentación equilibrada centrada na “hidratación, o consumo diario froita e verdura e na preferencia de carnes pouco graxas e peixe”. Alba Vila incidiu especialmente no sobrepeso infantil, un problema cada vez máis frecuente na poboación mundial: “A obesidade non é sinónimo de saúde. Un neno san será un adulto san; cunha dieta saudable dende a infancia pódense evitar moitas patoloxías de adulto”.

A intervención de Alba Vila rematou cunha rolda de preguntas na que os asistentes se interesaron polos seus propios hábitos alimentarios e polos efectos sobre o organismo de produtos como os lácteos e os alimentos funcionais.

O adestrador de porteiros do CD Burela FS, Marcelo Santoro ‘Neco’, dirixirá a vindeira sesión das Xornadas Formativas, de carácter práctico, xunto aos gardametas laranxas Edu e Brais. Será o martes 1 de xuño, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores