Entrevistas
7 de setembro de 2010 La Voz de Galicia
Víctor Cachón: 'É un bo debut coa camista laranxa'

O ala-pivote gaditano Víctor Cachón foi un dos protagonistas do Burela FS no choque que enfrontou o pasado sábado en Vista Alegre os mariñáns co Melilla. Cachón anotou dous goles e liderou a remontada dun cadro burelao que foi a remolque durante boa parte do partido.

O xogador mostrouse satisfeito co arranque do equipo e coa súa actuación particular. “Era importante conseguir esta primeira vitoria na casa, porque nos axudará a manter con ilusión e ganas o gran traballo que estamos facendo desde o primeiro adestramento da pretemporada. En canto aos dous goles, é un bo debut coa camiseta laranxa, pero estou máis contento polo triunfo”, afirmou.

O gaditano apuntou que este encontro inaugural da primeira División de Prata con grupo único pode ser unha radiografía do que suceda durante o resto da tempada: “Xa falamos moitas veces entre nós que este ano todos os equipos van ser difíciles de bater e vanse producir resultados sorprendentes, como xa sucedeu esta xornada coas derrotas na casa de Zamora e Eivissa”.

En concreto, cre que os burelistas sufriron para derrotar o cadro melillense porque é un equipo que conta con varios xogadores experimentados que defenden moi ben e que saen á contra con moita velocidade, o que nos fixo un pouco de dano”, explicou.

Finalmente, Cachón valorou a súa aclimatación ao equipo: “O ambiente no vestiario é moi bo e iso sempre axuda”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores