Entrevistas
21 de setembro de 2010 A Mariña-El Progreso
Pardeiro: 'Tivemos contra as cordas a un candidato ao título'

O adestrador do Burela FSF Pescados Rubén, Javier Pardeiro, considera que o 6-2 encaixado polo cadro laranxa foi “un castigo cruel e excesivo” para o que se viu sobre o terreo de xogo. “Doulles un dez ás miñas xogadoras. Como adestrador síntome moi orgulloso polo esforzo realizado e polo xogo despregado”, sinala o técnico, que non obstante dixo estar “doído” pola derrota. “Nin a min nin ás miñas xogadoras nos gusta perder e non podemos estar contentos, pero o que máis me enfastía de todo é que o noso traballo non chegase para recoller un mellor resultado”, sinalou.

O preparador considera que o seu equipo fixo méritos suficientes para que o resultado lle fose moito máis favorable e fala de accións puntuais que decidiron o duelo. “Tivemos contra as cordas a un aspirante ao título. Durante trinta minutos penso que fomos mellores, pero unha xogada puntual con 2-2 no marcador custounos o terceiro gol, que foi determinante”, asegura Pardeiro, que cre que os últimos tantos do Móstoles xa chegaron cando o Burela FSF buscaba desesperadamente a igualada. “Apostamos por porteira-xogadora, pero empezaron a aparecer as limitacións físicas e a falta de frescura pola escaseza de rotacións. Penso que foi a única diferenza entre os dous equipos”, concluíu o técnico naranja.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores