Entrevistas
28 de setembro de 2010 La Voz de Galicia
Ro: 'Por agora a situación na táboa é irrelevante'

A derrota por 1-5 ante o Ponche Ourense no derbi autonómico xogado o sábado no Vista Alegre levou ao Burela FSF Pescados Rubén ao final da táboa clasificatoria. Unha situación incómoda e estraña para o vixente campión da Copa Galicia, xa cun ano de experiencia na elite, pero valorada con despreocupación polas afectadas. Rosana considéraa pasaxeira. Asegura que con só dúas xornadas disputadas resulta imposible facer xuízos exactos e expón antecedentes para razoar a súa opinión: “Por agora a situación na táboa é irrelevante, nada dramática, xa que as diferenzas son mínimas. Ademais, quero recordar que o ano pasado tamén perdemos os dous primeiros partidos e non só conseguimos a permanencia sen abafos, senón que nos clasificamos para a Copa de España”, declarou.

No seu intento por restar transcendencia á condición de pechacancelas do seu equipo, a xogadora burelista indicou ademais que, “en certa forma”, as derrotas encaixadas nos dous primeiros encontros entraban en todos os prognósticos. “Todas doen igual, pero non nos gañou calquera, caemos ante dous equipos (Móstoles e Ponte Ourense) que estarán loitando polo título”, di.

Como o seu técnico, Rosana entende que o cadro actual resulta escaso para afrontar os inconvenientes que puidesen aparecer no transcurso da tempada, como as lesións. “Supoño que algún reforzo chegará. Non é que sexan imprescindibles pero si necesarios”, comenta a futbolista mariñá, que na súa intervención tamén fixo unha análise do partido do sábado. “Teriamos que falar de dous tempos ben diferenciados. Na primeira metade concedemos moitas facilidades, non sei se por falta de intensidade, e iso págase caro ante un equipo con tanta calidade. Na segunda parte tivemos moitas ocasións de gol con porteira-xogadora, pero non puidemos aproveitalo”, explicou.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores