Entrevistas
28 de setembro de 2010 A Mariña-El Progreso
Suso Rey: 'Poucos equipos sairán de Andorra cun marcador favorable'

O preparador da escuadra laranxa, Suso Rey, mostrouse bastante contento co punto conseguido no Principado (2-2), xa que considera que poucos equipos poderán saír de Andorra cun bo resultado. “Extraemos un balance positivo do sucedido porque puntuar fóra será moi difícil e máis nunha pista complicada. Poucos equipos sairán de Andorra cun marcador favorable”, sinalou.

O choque enfrontaba a dous equipos que poden pelexar por estar no play off a final de tempada, aínda que o Andorra tivo un inicio moi complicado, cun calendario desfavorabale. “Sabiamos que sería un encontro moi duro porque a clasififcación despois de tres xornadas era moi enganosa para os andorranos”, que ten un dos mellores cadros da competición. Xogara só dous partidos e fóra da súa pista, pero ademais ante rivais de grande entidade. En Puertollano puido gañar e iso di moito do seu potencial”, sinalou o adestrador burelao, que sabía que das necesidades do conxunto local. “Eles tiñan que gañar na casa para non descolgarse, o que realza máis o punto logrado”.

A cita estivo bastate nivelada, aínda que os mariñáns puideron conseguir o triunfo nos compases finais do choque. “Tal e como transcorreu o partido pensamos que podiamos lograr algo máis”, asegurou Rey, que cre que o seu equipo foi mellor. “Ao final incluso o seu adestrador recoñeceu que no cómputo global do partido fixeramos máis méritos para gañar”, sinalou o técnico do Burela FS.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores