Entrevistas
5 de outubro de 2010 A Mariña-El Progreso
Suso Rey: 'Quédome coa reacción dos meus xogadores de darlle a volta ao partido'

O técnico do conxunto burelista, Suso Rey, considera que o resultado do encontro do sábado, ante o Unión África Ceutí (3-3), non responde ao acontecido no terreo de xogo, xa que os laranxas fixeron todo para gañar, pero bateron coa súa falta de acerto no remate. “Diría que foi un partido moi estraño, especialmente na primeira metade. Nós fixémolo todo para gañar, estivemos ben plantados e tivemos un dominio total e absoluto, coas ideas moi claras, pero lanzamos 24 disparos antes do descanso e o rival só 4 e aínda así chegouse ao descanso con 0-2”.

O conxunto ceutí chegou ao Vista Alegre coa única intención de defender na súa propia pista e tratar de aproveitar algún contragolpe ou algún erro do Burela FS. Este tipo de equipos están dando moitos mareos aos laranxas. “Cando un rival vén defenderse e se atopa cun 0-2 a favor, aínda medra máis na súa idea de xogo”, comentou o preparador, que loou a reacción do seu equipo tras o descanso, dándolle a volta ao marcador. “Na segunda parte acentuamos o dominio. Eles só lanzaron dous tiros á nosa portería ata que tiveron a sorte de xogar cun máis durante os dous últimos minutos”, sinalou o técnico burelao.

Rey prefire centrarse en destacar os méritos do seu vestiario que en criticar a perda de dous puntos no último tramo. “Quédome coa reacción dos meus xogadores para darlle a volta ao partido despois de ir perdendo 0-2 ante un equipo moi defensivo. O punto está aí e aínda que queriamos os tres, hai que darlle o seu valor. Ao final da liga podemos botar contas e botar de menos os dous puntos que se escaparon, pero este punto do empate tamén pode chegar a ser decisivo”, indicou.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores