Entrevistas
6 de outubro de 2010 La Voz de Galicia
Pardeiro: 'Non deixa de sorprenderme o afán de superación das miñas xogadoras'

A primeira vitoria da tempada dálle novos aires ao Burela FSF Pescados Rubén. O técnico laranxa, Javier Pardeiro, piropea o seu cadro pola actitude que mostra en cada adestramento e en cada partido.

-Lograr a primeira vitoria supón sacar un bo peso de encima?

-Sabiamos que era cuestión de tempo, porque estamos traballando moito e ben, non había ansiedade nin intranquilidade, pero si é verdade que tiñamos ganas de vernos con puntos. Se tardas demasiado en gañar éntranche as présas na cancha e corres o risco de entrar nunha dinámica negativa.

[...]

-Salváronos tres goles na recta final do partido. Ao equipo quedábanlle forzas a pesar das poucas rotacións.

-É que fisicamente non estamos mal. Estou encantadísimo co traballo das rapazas e de Mera, o preparador físico. O principal problema da falta de rotacións é que non podes render ao mesmo nivel durante os 40 minutos e en moitas fases non podemos xogar como quixeramos.

-A longo prazo pode ser un problema gordo, non cre?

-Por suposto, xa que hai xogadoras que están acumulando demasiados minutos e a tempada é longa. Este equipo non deixa de sorprenderme, ten un afán de superación enorme e creo que estamos no bo camiño, pero os reforzos son necesarios.

[...]

 

[LA VOZ DE GALICIA]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores