Entrevistas
19 de outubro de 2010 La Voz de Galicia
Manu: 'Os minutos fanme mellor xogador'

O Burela volveu da pista do Cáceres tratando de desfacer a mestura de sensacións que lle produciron os acontecementos alí vividos: resentimento polo resultado (3-3) e o final inxusto que lle tocou sufrir, pero tamén satisfacción polo seu comportamento e o feito de engordar a cuadrícula de puntos. “Sabe mal que che empaten un partido a falta de 50 segundos e máis sendo superior e na cancha do vicepechacancelas, pero o empate non é malo. Nunha competición tan esixente pode darse por bo todo o que non sexa perder fóra de casa”, apunta Manuel Jiménez.

Manu, o benxamín do cadro, viu un Burela superior e merecedor da vitoria. “Levamos máis a iniciativa e tiramos moito máis a porta, e non hai que esquecer que despois do 3-3 dispuxemos de varios ataques con superioridade pola expulsión dun xogador deles”, conta o futbolista, que con só 18 anos xa é un máis no equipo que dirixe Suso Rey. O paso do tempo e a confianza que nel ten depositada o técnico axúdanlle na súa progresión. “Os minutos fanme mellor xogador e tanto o equipo coma min medramos en cada partido. Agora xa saio á pista sen nervios e con decisión”, asegura.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores