Entrevistas
19 de outubro de 2010 A Mariña-El Progreso // Foto: C.E.
Pardeiro: 'Só podo felicitar as miñas xogadoras unha vez máis'

“O esforzo destas xogadoras non ten nome. Só podo felicitalas unha vez máis”, sinalou o adestrador do Burela FSF Pescados Rubén, Javier Pardeiro, tras o triunfo por 8-2 ante o Soto del Real, un equipo que chegaba ao Vista Alegre empatado a puntos coa escuadra laranxa. “Viña de perder 1-2 co Navalcarnero e non lle demos opción. É para estar satisfeitos”, dixo o técnico, que insiste en que os seis puntos conseguidos na última semana supoñen un premio para o traballo das xogadoras. “Lucía, Ro e Lidia están xogando con problemas e o máis lóxico sería que descansaran, pero elas queren participar e dano todo porque saben que son fundamentais. Levamos tres partidos en sete días e iso obríganos a un esforzo titánico, pero estas xogadoras nunca se queixan nin poñen pégas nin para xogar nin para adestrar. Son un exemplo”, sinalou.

O preparador burelista tamén loou o xogo despregado polo equipo, sobre todo no primeiro tempo. “Fixemos vinte minutos excelentes nos que contabilizamos nove ocasións clarísimas de gol”, asegurou Pardeiro, que explica o baixón da segunda metade. “Cometemos algún erro, pero penso que foi froito do cansazo. Debemos pensar máis rápido para mellorar algunha situación. O 8-2 foi excesivo; talvez un 5-2 sería un resultado máis xusto”, dixo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores