Entrevistas
26 de outubro de 2010 La Voz de Galicia
Edu: 'Estou nun bo momento, pero o mérito é de todo o equipo'

Son moitos os incondicionais burelistas que sinalan a Edu como o principal responsable da solvencia defensiva que exhibe o Burela na casa. O cérbero naronés declárase en forma e agradece as permanentes mostras de agarimo que lle chegan desde a bancada, pero, fiel ao seu estilo, rexeita todos os eloxios e asegura que foi o traballo colectivo o que os levou a esta situación. “Estou nun bo momento, pero o mérito é de todo o equipo. A intensidade defensiva que estamos mostrando é enorme”, dixo Edu, que tamén destaca a “rápida adaptación” dos recentemente chegados ao sistema de defensa imposto por Suso Rey.

Edu volveu brillar ante o Lanzarote, nun partido que cualificou de “intenso e emocionante” e do que destacou a Purao e Juanma, “sen desmerecer a achega e a entrega do resto”: Ao primeiro pola súa defensa sobre o xigante Beto na segunda parte e ao capitán polo novo gol -xa suma oito partidos consecutivos marcando-. “Creo que en liñas xerais fomos superiores en canto a xogo e ocasións de gol”, resumiu o porteiro burelista.

Para rematar e preguntado sobre as diferenzas entre este Burela e o da pasada campaña, Edu destacou “o xogo de equipo”. “Case todas as oportunidades de gol que xeramos nos partidos chegan en xogadas ben elaboradas, non en individualidades”, sentenciou o meta.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores