Entrevistas
26 de outubro de 2010 A Mariña-El Progreso
Pardeiro: 'O empate foi xusto, os dous quixemos xogar'

O punto conseguido polo Burela FSF ante o Queralt Gironella (4-4) deixou un sabor agridoce no seo do corpo técnico. Javier Pardeiro enxalza o comportamento das xogadoras, pero tamén admite que o rival traballou arreo para levar algo positivo. “Nunca podemos estar contentos cun empate na casa porque aspirabamos a gañar, pero temos que darlle valor ao momento porque o rival tamén fixo méritos”, sinala o técnico laranxa, que viu un bo partido de fútbol sala. “Os dous quixemos xogar, houbo oportunidades para que calquera sumase os puntos” dixo.

O único que non lle gustou a Pardeiro do visto o domingo foi o número de erros defensivos, algo pouco habitual no equipo laranxa. “Quero pensar que non foi por falta de concentración, pero a verdade é que tres dos catro goles encaixados viñeron por fallos nosos”, sinalou.

O técnico tamén se refire á fortuna visitante no último gol. “As rapazas traballaron duro e sigo contento co rendemento do equipo. Sempre demostramos capacidade de reacción e ata nos puxemos por diante a falta de tres minutos, pero na primeira acción con porteira-xogadora chegou o empate. É unha faceta de xogo que temos dominada, pero encaixamos o tanto nun auténtico churro”, concluíu.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores