Entrevistas
21 de decembro de 2010 La Voz de Galicia
Ro: 'As etapas goleadoras cambian'

Rosana Carballés (Caracas, 1986) absorbeu case todo o protagonismo na vitoria do Burela na cancha do Campillos, ao anotar cinco dos oito goles que lle marcou o seu equipo (2-8) ao pechacancelas da División de Honra feminina.

 

- Foi a súa mellor marca goleadora nun partido?

- Na División de Honra desde logo que si. Recordo que noutras c ategorías algunha vez marquei cinco goles nun partido, pero nunca seis. Julián Amarelo (o seu técnico durante moitas campañas) recordoume que a última vez que fixen cinco goles foi en 2002/03 contra o Sarria.

 

- Xa suma 17 tantos na presente campaña, case tantos como en toda a anterior.

- Non recordo ben cantos marquei o ano pasado, creo que 21 ou 22. Queda moita liga, conto superar esa cifra, pero neste deporte as etapas goleadoras cambian dun día para outro.

 

- A vitoria sitúaas quintas nas clasificación.

- Considero que é unha posición inmellorable. Non hai que esquecer que ata agora estivemos competindo cun cadro máis curto que o da pasada tempada.

 

- A súa compañeira Jozi ten claro que o Burela estará na próxima Copa de España.

- E eu tamén estou totalmente convencida. A pesar de todas as dificultades que tivemos estamos quintas, así que temos que estar na Copa si ou si.

 

- Trasládolle a mesma pregunta que a Jozi. Como cabezas de serie?

- Espero que si.

 

- Móstoles ou Ponte Ourense? Por cal aposta para o título?

- Uff... A min gustaríame que o Burela fose o campión. Co calendario na man aposto polo Móstoles.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores