Entrevistas
11 de xaneiro de 2011 A Mariña-El Progreso
Claudia: 'Podemos facer unha segunda volta fantástica'

A capitá do Burela FSF Pescados Rubén, Claudia, mostrouse exultante pola sufrida vitoria ante o Atlético de Madrid Navalcarnero (3-2). “Está claro que agora xa estamos pensando na loita pola Copa e cantos máis puntos sumemos máis preto estaremos do obxectivo”, sinala a xogadora, que valora o feito de gañarlle a un rival directo. “Superamos a un conxunto cun potencial enorme, que xoga moi ben e que conta con individualidades de enorme calidade”, indicou a laranxa.

Claudia recoñece que había “certo temor” ao encontro fronte ao conxunto madrileño, non só pola entidade do rival, senón pola situacion física das burelás. “Nós pasamos unha semana mala pola gripe e non sabiamos como iamos responder, pero fomos capaces de sobrepoñernos”, sinala a deportista, que cada vez ve menos límites ao seu equipo. “Empezamos a tempada cun cadro moi xustiño, pensando en non descender, pero agora estamos nunha etapa moi boa, ocupando a cuarta praza e aínda nos falta por incorporar a Milena e Vanessa, que nos darán profundidade e un salto de calidade no xogo. Penso que podemos facer unha segunda volta fantástica”, concluíu a xogadora.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores