Entrevistas
11 de xaneiro de 2011
Suso Rey: 'O resultado de Brihuega non se corresponde co noso esforzo'

Suso Rey fixo  unha dobre lectura do 5-3 na pista do Azulejos y Pavimentos Brihuega. Por un lado lamentou a derrota, pero por outro destacou o esforzo do equipo e o bo funcionamento que tivo na primeira metade. “Estou satisfeito do xogo, especialmente no primeiro período. Creo que desartellamos por completo a un equipo que ten unha gran calidade e moitos xogadores de definición e a proba é que aos seis minutos tiveron que gastar o tempo morto” sinalou o preparador burelista, que cre que o único que lle faltou aos seus  foi “plasmar no marcador a superioridade demostrada sobre a cancha”.

A segunda parte abriuse tamén con boas novas para os mariñáns, que se puxeron por diante, pero pouco durou a súa ledicia. “Fixemos o máis difícil, que era poñernos por diante, pero en dúas xogadas de auténtica mala fortuna chegaron dous goles locais que foron determinantes”, dixo.

O técnico do Burela FS considera que o 5-3 foi un excesivo castigo para os seus. “Insisto en que o equipo se mostrou moi firme e foi capaz de competir nas condicións máis adversas, pero tamén estou triste porque o resultado non se corresponde do esforzo dos xogadores. Eles chegaron con claridade seis veces á nosa portería e marcaron cinco goles”, explicou Suso Rey.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores