Entrevistas
18 de xaneiro de 2011 La Voz de Galicia
Edu: ‘As vitorias enchen máis cando non se encaixan goles’

A Edu (Narón, 1979) a afección quéreo moito polas súas actuacións, algunhas antolóxicas, e polo aprecio que mostrou sempre cara ao club e a súa xente. O mesmo agarimo recibe dos seus compañeiros. “Esta é a miña segunda casa”, insiste tras a nova vitoria na División de Prata. De Melilla saíu imbatido e como autor do tanto que significaba o 0-3.

É a segunda vez esta tempada que acaba un partido imbatido.

Así é, a primeira vez foi na casa contra ElPozo Ciudad de Murcia (2-0). O equipo fixo un traballo incrible en defensa en Melilla, estivo inmenso, por iso non encaixamos goles. Na primeira parte non tiven traballo en exceso, só nos inquietaron ao final, despois do 0-1, ata entón estiveron moi metidos atrás. Na segunda metade atacáronnos máis, pero, afortunadamente, entre todos conseguimos manter a portería a cero e sumar os tres puntos.

A un porteiro sábenlle mellor as vitorias cando o seu equipo non recibe goles?

Si, é indubidable que producen unha satisfacción extra. As vitorias enchen máis cando non se encaixan goles.

O Melilla é pechacancelas pero viña de gañar ao Ribera de Navarra. Foi un toque de atención para o Burela FS?

Exactamente, ese resultado veunos moi ben a nós como advertencia. Non mostramos o máis mínimo síntoma de relaxación, estivemos moi metidos durante os 40 minutos.

O terceiro gol foi obra súa. E non é o primeiro que marca desde que defende a meta burelista.

É o segundo. O ano pasado marqueille ao Gáldar na casa. No Parrulo, o Barcel Euro Puebla e o Celta tamén marquei algún do mesmo estilo.

 

[+ inf. La Voz de Galicia]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores