Entrevistas
18 de xaneiro de 2011 A Mariña-El Progreso
Lucía: 'A terceira praza está ao noso alcance se seguimos nesta liña'

Nin as baixas nin os quilómetros puideron co Burela FSF Pescados Rubén, que gañou en Córdoba (1-4) e mételle presión ao terceiro, Valladolid FSF, colocándose a cinco puntos. A bigoleadora Lucía amosouse encantada cos tres puntos e co rendemento do equipo a pesar das baixas de Lidia e Ro. “Tivemos que cambiar moitas cousas debido ás ausencias porque sen Ro nin Lidia careciamos de pivotes. O feito de ser tan poucas obrigounos tamén a defender máis preto de Jozi do habitual, xa que había que gardar forzas, pero todo saíu ben”, sinalou a xogadora, que valorou a importancia de empezar marcando. “Foi un partido moito máis duro do que indica o 1-4, pero tivemos a sorte de poñernos por diante nunha xogada de estratexia, algo que nos está dando moitos froitos”, dixo.

Lucía comparte a teoría da súa compañeira Claudia sobre a posibilidade de mellorar os números da primeira volta na segunda. “Loitar polo título parece case imposible porque a vantaxe dos dous primeiros é moi grande e a penas deixan escapar puntos, pero a terceira praza é accesible. A vindeira semana o Valladolid xoga ante o Móstoles e nós recibimos o UCAM Murcia. Se todo sae ben podemos pechar a primeira volta a dous puntos”, concluíu a xogadora ourensá.

[...]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores