Entrevistas
5 de abril de 2011 La Voz de Galicia
Pardeiro: 'Estar terceiras é motivo de orgullo'

Por primeira vez na tempada o Burela FSF Pescados Rubén loce xunto ao Ponte Ourense e o Móstoles no podio da máxima categoría feminina. “Estar terceiras é motivo de orgullo”, asegura Javier Pardeiro, que concede aínda máis mérito ao feito recordando a pouca experiencia do seu equipo na elite e a dura competencia que existe. “Vai ser difícil acabar a liga aí, quédanos visitar o Navalcarnero e o Elxe, pero sérvenos de aliciente para o tramo final do campionato e para seguir medrando”, engade.

O conxunto mariñán ascendeu ata o terceiro posto logo da vitoria por 1-7 sobre o Cidade das Burgas no último derbi galego da tempada. “Ás veces os marcadores son enganosos, pero neste caso creo que se axusta ao que foi o partido e reflicte a diferenza que existiu entre un e outro equipo. Estivemos moi ben, sobre todo na estratexia”, destacou Pardeiro, que pechou a súa intervención congratulándose polo continuo avance nos seus plans para encarar a Copa de España nas mellores condicións.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores