Entrevistas
26 de abril de 2011 LNFS
Christian: 'As últimas vitorias déronnos alas para intentar ser cuartos'

A vitoria do CD Burela ante o UPV Maristas Valencia (4-2) deulle ao equipo da Mariña a clasificación matemática para os play off e a confirmación do bo final de tempada que están realizando os seus xogadores. Www.lnfs.es falou con Christian, que analizou a situación do seu equipo e a súa actuación de cara aos dous partidos que restan para finalizar a tempada Regular.

O ala comenta que o encontro ante o UPV Maristas foi complicado: “Eles son o terceiro equipo da clasificación e aspiran a finalizar nesa posición. Non foi doado gañar, pero creo que no global do partido fomos superiores”.

Os tres puntos conseguidos polo equipo de Suso Rey permítenlle ao CD Burela ter opcións de finalizar a liga como cabeza de serie nos play off, algo que teñen moi metido na mente os xogadores laranxas: “A mediados da segunda volta tivemos unha etapa de resultados negativos que nos condicionou. Temos nivel para estar entre os catro primeiros da táboa e ese é o noso obxectivo. Para nós ter o factor cancha ao noso favor é moi importante, porque Vista Alegre é o noso parapeto e imos loitar para conseguilo”.

 

[+ inf. en LNFS]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores