Entrevistas
15 de xullo de 2011
Javier Pardeiro formalizou a renovación burelista

Javier Pardeiro continuará á fronte do Burela FS Pescados Rubén na vindeira tempada. O estratega formalizou a súa renovación onte pola tarde xunto ao director xeral da entidade, José Luis Sáez Castro.

“Levamos dous anos excepcionais na máxima categoría; teño un compromiso irrexeitable co proxecto e co equipo” dixo o adestrador burelao, que seguirá sendo fiel aos cimentos do Burela FS:  “Volveremos expoñer o cadro coa intención de conservar a maioría do vestiario porque por traballo e esforzo así o merecen as xogadoras”. “O ano pasado a escaseza de efectivos sobrecargounos en exceso, sobre todo no tramo final da tempada, por iso para este novo exercicio intentaremos contar cunha maior amplitude” estimou Pardeiro, que tamén se referiu aos novos reforzos: “Peque e Maite imprimirán un gran nivel físico ao equipo e co peche da fichaxe de Haydée, do UCAM, gañaremos en defensa e en calidade de pase”.

José Luis Sáez expresou a satisfacción da entidade por contar de novo “cunha garantía entre os profesionais do fútbol sala”. “O club séntese orgulloso de seguir traballando con el en prol do fútbol sala feminino”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores