Entrevistas
18 de xullo de 2011
Irene repite baixo os paus laranxas

Irene Lorenzo repetirá un ano máis baixo os paus laranxas. A gardameta, que compartirá responsabilidades con Jozi, foi recibida hai uns días polo director deportivo do CD Burela FS, Marcelo Santoro ‘Neco’, na sede do club para formalizar a súa renovación.

“Decidinme a continuar para seguir apostando polo extraordinario grupo que formamos os últimos anos e traballar para mellorar as metas”, dixo Irene orgullosa, que tivo palabras de optimismo para o futuro: “O obxectivo volverá ser a Copa e, se xa pasamos cuartos e semifinais, por que non podemos chegar á final? O equipo estase xestando en torno a unha estrutura xa coñecida e veñen xogadoras moi interesantes, así que se nos respectan as lesións poderemos chegar moi lonxe”.

Marcelo Santoro destacou o compromiso de Irene cun equipo “ao que leva vinculada dende o nacemento do proxecto, en Prata, e que volverá planificarse en función dun vestiario que xa demostrou as súas inmensas posibilidades”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores