Entrevistas
20 de xullo de 2011
Dolo afrontará o seu cuarto ano coa elástica laranxa

A ala-pivote Dolores Sánchez, Dolo, afrontará o seu cuarto ano defendendo a elástica laranxa en 2011-12. O directivo do CD Burela FS Antonio Rodenas recibiu a xogadora coruñesa para selar o acordo de renovación, nas oficinais da entidade, a semana pasada.

“As miñas intencións sempre foron quedar en Burela tanto polos logros acadados co equipo e pola boa estrutura do club coma polo trato recibido” manifestou Dolo, que prevé un novo paso evolutivo do cadro laranxa para o vindeiro exercicio: “Dende que o equipo chegou á Primeira División sempre foi en progresión; aí están os resultados tanto da liga coma da Copa de España. Tal e como se perfila o novo vestiario, os reforzos contribuirán con rotacións, proporcionando físico e traballo, e poderemos dar unha volta de rosca para seguir medrando”. Con respecto á liga 2011-12, Dolo destaca especialmente o ascendido UA Alicante: “A escuadra alacantina parece que vai ser a máis sorprendente; o adestrador, Carlos Navarro, está apostando moi forte, compatibilizando a base do ano pasado con xogadoras experimentadas que xa coñecía da súa etapa no Femesala Elche”.

Antonio Rodenas transmitiu a satisfacción do club laranxa pola continuidade de Dolo “non só polo seu peso no equipo durante estas catro tempadas senón tamén polo seu comprometido e coidadoso labor ensinando o alumnado máis novo da ED EON Burela FS”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores