Entrevistas
22 de xullo de 2011
Ro rubrica a súa continuidade na escuadra burelista

O Burela FS Pescados Rubén e o seu preparador, Javier Pardeiro, contarán con outra das incondicionais da filosofía laranxa para a vindeira campaña, a mariñá Rosana Carballés, Ro, que rubricou a súa continuidade xunto ao directivo do club Marcelino Luna.

“Nestes dous anos na elite cumpríronse e incluso se superaron as expectativas; o coñecemento da categoría e as incorporacións, sumado ao esforzo e traballo da nosa base, darannos ese plus necesario para ser máis ambiciosas nos obxectivos e mellorar o xa feito”, dixo a pivote, de 25 anos, expresando a súa confianza na evolución do proxecto.

Marcelino Luna destacou a importancia da permanencia de Ro, que comparte o título de pichichi laranxa 2010-11 coa tamén renovada Lucía, con 25 dianas. “A visión da portería de Ro xa se converteu en marca Denominación de Orixe para o equipo, unha xogadora da terra que con moito traballo conseguiu posicionarse como un dos máximos referentes do deporte de elite da comarca e un exemplo a imitar para os máis pequenos“ asegurou o directivo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores